Quenda 2. Día 6. Explorando a contorna e as amizades

Quenda 2. Día 6. Explorando a contorna e as amizades

Hoxe foi un día pouco usual no campamento porque estivemos case todo o día fora, de ruta e relax no río, desfrutando un baño natural e observar todo tipo de bichiños e animaliños que captaron a atención da nosa intrépida expedición. De camiño encolléusenos un pouco o corazón o ver tamén o impacto dos lumes forestais que castigaron hai poucos anos a espectacular ecosistema e Parque Natural da Baixa Limia e Serra do Xurés.

O día transcorreu principalmente nas ribeiras do Río Agra e foi unha delicia ver como desfrutaban as cativas e cativos entre os fentos, xogando, explorando e descubrindo seu recunchos, rindo e salpicando na auga ante a atenta mirada sempre do noso entregado socorrista.

Xa de volta Alicia trasladounos ao País das Marabillas para celebrar unha festa de non aniversario para Damián. Foi unha festa moi acuática cunha chea de xogos de auga, que foron un bo remedio para loitar cunha calor que estes días está deixando de apretar tanto.

Pola noite, tocou unha marabillosa velada na que nos enfrentámos á Raiña de Corazóns e para ir recuperar unas máxicas pedras, inbuidas de valores, que a monarca lle roubou a Alicia. Deste xeito logramos devolverllas e que puidera regresar dende o mundo fantíastico ao seu fogar.

2 Comments

  1. Lucas

    Moitas grazas,quen puidera,estar ahí.Non teñen tempo de aburrirse.

  2. Sandra

    Cómo deben ser esas veladas! Semellan moi especiais. E a saída de hoxe. Esa “independencia” controlada desfrutando da biodiversidade que cada vez se volve máis difícil de observar e, poe tanto, de interpretar.

    Moi boa miscelánea!

    (Eu sigo engadindo peticións á galería de fotos: algunha das tendas?)

    Grazas e pasade boa noite.

    Na casa esperamos a chamada de mañá ansiosos!

Comments are closed