Quenda 2. Día 6. Pasamos o ecuador.

Xa vai máis da metade desta aventura no campamento de Pontemaril, e aínda que non queiramos, é inevitable pensar que esto se vai a acabar, as relacións de amizade están comezando a ser moi fortes e o grupo está moi unido, sendo xa case unha gran familia.

Hoxe foi día de rotacións e os nenos e nenas puideron desfrutar de actividades como supervivencia, kaiak polo, xogos predeportivos, circo-escalada ou sendeirismo. Ademais o calor sigue presente, pero dándonos un pequeno respiro.