Quenda 2. Día 6. Pasamos o ecuador.

Pasado xa o ecuador do campamento non podemos evitar pensar xa no final, mais o que temos claro é que os días que nos quedan os imos a desfrutar ao máximo .

Nesta ocasión os nenos e nenas do campamento xuvenil de Pontemaril puideron desfrutar doutro día de rotacións aprobeitando o bo tempo que temos e a magnífica temperatura da que gozamos estes días.

Pola mañá fixemos sendeirismo, xogos predeportivos, supervivencia, escalada e bici, mentres que pola tarde tamén puidemos probar a pirauga, o kaiak polo e a tan desexada tirolina.