Quenda 2. Día 7. A calma que precede á treboada

O de hoxe foi un día tranquilo, se cadra porque aínda pesa o cansanzo nas pernas da excursión de onte. Pero as actividades seguiron o seu ritmo e aquí vos deixamos un par de exemplos da actividade deportiva máis fascinante, a escalada con tirolesa, e tamén dos obradoiros de teatro e expresión corporal.