Quenda 2. Día 7. Desfrutando na natureza.

Día 7 no campamento de Pontemaril desfrutando do sol e das últimas rotacións entre as que se atopan supervivencia, tirolina ou bici.

Quedan poucos días para que esta aventura remate, pero a medida que pasan os días vemos máis implicación na rapazada, así como ganas de exprimir ao máximo todas as actividades e momentos do campa.