Que mellor forma de pasar a nosa última tarde en Forcarei que desfrutando da auga e do sol na piscina!
Despois dunha mañá de actividades, pasamos a tarde a remollo, xogando e celebrando o final do campamento. Pola noite, tivo lugar o estupendo Forca-Fest, que sacou o lado artístico de todos e todas nós.
Non queremos marchar!