Quenda 2. Día 8. Adrenalina!

tirolesa en Penedos de Xacinto

Hoxe foi un día de intensidade nas emocións porque volvemos ao rocódromo pero desta vez para usar al tirolesa e probar a capacidade pulmonar dos pequechos e pequechas berrando ao lanzarse ao baleiro dende unha altura de 10 metros, que é bastante impresionante.

Pero para que a espera non se fixera longa entretivémonos con xogos do máis diverso, e xa na tarda deixamos tamén tempo para algúns dos últimos ensaios para actuación final na que teremos teatro, circo, bailes e moita música. Que expectación!

A noite quedou reservada para unha divertida e emotiva velada ambientada no libro “o principiño” no que houbo que empregar astucia e axilidade e que nos deu pé a unhas interesantes reflexións finais.