Quenda 2. Día 8. Descubrindo o río

Hoxe cambiamos piscina por río e botamos a tarde gozando dun baño nas pozas, en plena natureza.

Houbo tempo para bañarse ou descansar placidamente ao carón do río, debuxando, escribindo ou xogando a xogos de mesa.

Neste refrescante e acolledor lugar tivemos tamén a oportunidade de descubrir os tesouros da natureza, que as veces poden pasar desapercibidos. A rapazada tivo aquí ocasión de capturar e observar todo tipo de bichiños, para logo de marabillarse coñecendo detalles da súa bioloxía, liberalos na contorna.

Hoxe o noso cociñeiro Roque foi bastante aclamado ao servir un prato de pasta no xantar e pizza na noite, acompañada por xeado de sobremesa!. Que emoción!

Xa no campa dedicamos algo de tempo aos ensaios para a actuación final do día seguinte, un pouco máis do prezado tempo libre e finalmente a velada, onde en grupo tiñan que atopar diferentes personaxes do Circo de Entrimo, estaban afectados por diferentes doenzas, para poder entender o que lles pasaba e prestarlles axuda.

1 Comment

  1. Maria Victoria

    Grazas por compartir con nos tantos momentos. Esas experiencias que quedan para as nenas e nenos para sempre.
    😊😊

Comments are closed