Quenda 2. Día 8. Último día de rotas.

Último día de actividades de rotación para os nenos e as nenas do campamento xuvenil de Pontemaril, xa queda menos para regresar á casa e os nervios e as emocións están a flor de pel, temos moitas ganas de aproveitar estes días xuntos, e están a ser uns días intensos onde os sentimentos de despedida comezan a florecer.