Quenda 2. Día 9. Chegando ao final

Achegámonos ao final do campamento, no sen dificultades… mais a pesar de todo seguimos a desfrutar dos días que nos quedan xuntas, facendo máis piña que nunca e aproveitando ata o final a maxia e aventura que nos ofrece Forcarei.

Neste penúltimo día, tras as últimas rotacións pola mañá, e dado o mal tempo, quedámonos a ver unha película e facer unha pequena reflexión conxunta sobre integración e diversidade, cuestións tan importantes na realidade que vivimos.