Quenda 2. Día 9. Explosión de creatividade

Quenda 2. Día 9. Explosión de creatividade

Hoxe o día estivo fondamente marcado pola representación artística na que tanto tempo e esforzo vimos adicando estes días. Últimos ensaios, preparación de “atrezzo” e vestiario, na que algún sacoulle proveito aos disfraces que trouxeron da casa.

Tivemos ocasión de observar os seus avances nas habilidades circenses ou interpretativas, tamén musicais e coreográficas. Foi do máis variado e dende logo foi divertido e toda unha experiencia facelo diante do público, aínda que este fose do máis familiar despois de tantos días de convivencia.

En fin, un gran peche para unha quenda inesquencible na que sementamos moitos valores que agardemos que vaian medrando dentro desta xeración de rapazas e rapaces.

Nos tempos libre seguiron sendo moi populares os pintauñas e algunhas personiñas gozaron moito construindo unha especie de refuxio ou cabana, no que foi unha emocionante aventura autoxestionada do que fixo daquel espacio un dos lugares máis populares do campamento.