Quenda 2. Día 1. Un bo comezo!

Un día de moita emoción para o cento de rapazas e rapaces que chegaron a Entrimo nesta nova quenda para vivir un verán cheo de aventuras! Hoxe adicamos o día a ir coñecendo pouco a pouco as novas amigas e amigos mentres xogamos e organizamos as tendas.

A vaga de calor que está pegando duro en todo o país tamén chegou ata aquí! Pero temos un bo truco para esquivala, e non é outro que unha magnífica piscina da que hoxe dimos boa conta, despois de atender as explicación da Soco e a pertinente proba de natación.

A a noite, a primeira velada! Un xogo nocturno ambientado nos ninjas de oriente, e cunha introdución espectacular que demostra que este é un campamento onde o teatro vai ter moito peso!.

3 Comments

  1. Lilian

    Muchas gracias por las fotos, q pasen genial 😍

  2. María

    Moitas grazas por tan bo resumo do 1º día!!!!

  3. Marga

    Moitas grazas polas fotos. Se agradece ter información de como vos vai 🙂

Comments are closed