
E comeza unha xeira desta aventura estival de campamento nas fronteirizas terras de Entrimo, onde 100 novas almas con ollos chispeantes de ilusión chegaron á instalación para aprender e gozar desta gran experiencia vital.
Xa tivemos ocasión neste primeiro día de probar as agradables e reconfortantes augas da nosa piscina, que está a tardiña a unha temperatura realmente ideal, para facer a proba de natación e tamén relaxarse con xogos de mesa mentres chega a súa quenda para dar os seus primeiros largos.


Tempo tamén para coñecer ao equipo de monis e as novas amigas e amigos que serán os compis de tenda e actividades neste decena de días que temos por diante. En xeral, hai moi boas vibras e confiamos e xa sentimos que estamos a crear una especie de familia temporal. Esto vai xenial!


Boas!!
Qué ben o pasades!!
Grazas polas fotos
Ohh que ben!!! A disfrutar,moitas grazas polas fotos.
Moitas grazas!!!
De seguro que será inesquecible para todos!!!
Bo canpa!!
Muchas gracias por las fotos!! Se los ve encantados😍
Disfrutad mucho
Me encanta ver lo felices que se les ve. Disfrutad mucho sole