Quenda 3. Día 2. Actividades e novidades

Quenda 3. Día 2. Actividades e novidades

Hoxe é o noso primeiro espertar xuntas, coas pilas cargadas para un día cheo de actividades. Algunhas tivemos a nosa primeira achega ao teatro, e puidemos deixar atrás a vergoña e desfrutar coas compañeiras. Exploramos tamén como crear personaxes afastadas de nós con dúas pinceladas rápidas de imaxinación, para o que botamos man dos nosos disfraces.

Outras puidemos mergullarnos no mundo do circo e explorar diferentes aparatos e equilibrios. Tamén disputamos unha emocionante partida de láser tag na que a arboreda deste noso Bosque Máxico foi unha grande aliada.

Ao final da tarde, acampadas e monitoras nos xuntamos nun grande xogo que requería todo o noso inxenio e capacidade de cooperación.

Coa chegada da noite, a instalación viuse invadida de novo por numerosos habitantes fantásticos: meigas, fadas, ogros… Aos que axudamos a resolver os problemas que lles inquedaban.

Como colofón do día, tivemos a nosa Asemblea, hoxe xa guiada por tres acampadas. Tras compartir as primeiras experiencias, despedímonos coa historia de “Ubuntu”, que di así:

2 Comments

  1. toni

    Que fotos chulas. Graciñas. A seguir disfrutando !!!!

  2. Nerea

    Qué envidia sana!!! Disfrutad!

Comments are closed