Se o día primeiro de quenda é unha toma de contacto coa instalación e enfocado en coñecer ás compañeiras e compañeiros o segundo é xa unha aproximación á rutina de actividades que lle dan personalidade a este campamento, tanto a nivel deportivo como artístico.

Por suposto a piscina foi unha das actividades onde máis gozamos porque axuda, e moito! coas altas temperaturas que estamos a experimentar.


Comezamos xa a experimentar co diábolo dentro da disciplina de malabares de circo., no que xa empezan a asomar algúns talentos que seguramente veremos na actuación final e onde precisamos de moita colaboración e comunicación coas compañeiras.


Hoxe a algunhas persoas tocoulles coñecer as paredes do rocódromo e gabear por elas, loitando coa vertixe con algunhas dúbidas iniciais pero con moito éxito.



Na vertente artística das actividades tivemos tamén oportunidade de experimentar con expresión corporal e drama.


A campa, o espazo onde están as tendas de campaña onde estamos aloxadas estes días, e tamén un espazo de socialización onde coñecer as veciñas e veciños de tenda mentres ordenamos e decoramos o noso propio espazo.


E falando de veciños, … aquí temos a Rigoberto, un lagarto arnal (Rimon lepidus) que se nos colou na enfermería e tivemos que sacalo, o que foi tamén unha oportunidade para presentarlles ás crianzas esta pequena xoia da biodiversidade que temos ao noso redor, para liberlalo minutos despois.


Non parades.
Así da gusto.
Esa pisci ten unha pintaza!!
Grazas por ciudar tan ben dos nosos menos e nenas.