Hoxe o blog queda a cargo de Xavi e os seus compañeiros e compañeiras do grupo Guapetones. Deixámosvos con eles!
Día tres de campamento, e tamén día 31 de xullo. Espertamos con música e falamos coa nosa manager de mochila, Alba, para preparar o día. O noso grupo chámase “Os Guapetóns” e a verdade é que somos un grupo xenial.
Fixemos un ActívaT aínda que estabamos durmidos. De actividade tocounos escalada. Recordo as primeiras sensacións: medo, vértigo… ao final tirámonos todos da tirolina. Tiago (o moni), Antía, Benja e María que nos axudaban a escalar.
Pola tarde xogamos aos Xogos da fame, nos que eramos o distrito 2, da pesca e da gandeiría.
Despois de cear, viñeron uns ninjas, o sensei falaba raro e tiñamos que “respetal ao suplemo” porque se non nos churreaban. Finalmente, rematamos o día na asamblea e despois Samu e eu fumos á Enfe. Isto é todo por hoxe. Ata a próxima.
Xenial! Non parades!!Gracias polo bloq. Disfrutade moito. Unha aperta