Quenda 3. Día 3. Un día tranquilo

Este día non trouxo demasiadas novidades porque foi unha continuación do anterior, onde os grupos rotaron de actividade pero basicamente o menú de actividades foi o mesmo. Así que hoxe foron outras quen se empolicaron ao rocódromo ou pasaron por as distintas actividades de teatro ou circo.

Aquí vos deixamos algúns dos exercicios e xogos de teatro. Adiviñades o que están a facer?

Pola mañá tamén tivemos a visita de Cristina Pichel, Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, entidade promotora e convocante do campamento, que viu acompañada por Ramón o alcalde da vila. Quixeron coñecer de primeira man as actividades e a rapazada, coa que tivo a oportunidade de conversar e coñecer a súas impresións sobre como vai o campamento.

Hoxe lle fixemos unha entrevista a Lucía, que fai deste o seu 4º verán en Entrimo para que nos conte a súa visión coa súa veterana perspectiva.

No tempo libre priman os deportes, os xogos de mesa e os pintaunllas, pero tamén hai tempo para clásicos como o xadrez.

A música, danzas e cancións, non poden faltar!

A tarde si que trouxo algunha novidade, cunha actividade ambiental xusto antes da cea e por suposto a velada que sempre é diferente. Neste caso a rapazada tivo que axudar a unhas superheroinas a recuperar seus poderes.

2 Comments

  1. María

    Genial saber lo que van haciendo, pero por favor, sacad más de todos los niños mirando a la cámara… Porque hay algun@s que no salen ni en una foto…. Y nos gusta verlos también 😉😊. Gracias!!!

  2. Bea

    A seguir disfrutando y de abajo a arriba.
    ¡¡Ojalá las superheroinas hayan recuperado sus superpoderes!!
    Gracias por contarnos y por las fotos y vídeos.

Comments are closed