Quenda 3. Día 3. Un gran ambiente

Quenda 3. Día 3. Un gran ambiente

Pois o tempo pasa e a cohesión dos grupos está sendo moi grande e xa se nota que hai amizades que serán para sempre. Temos que recoñecer que, sen desmerecer aos das quendas anteriores, este grupo de rapazas e rapaces son do máis entregados e cooperadores. Así todo e máis fácil e tamén máis máxico!

Hoxe a escalada converteuse de novo nun dos contidos preferidos da nosa canle eNTV seguido de de preto polos contidos de circo, onde combinaron a práctica de malabares, monociclo, equilibros e pinchacarneiros e … ben, ejem, …. aínda hai moito que practicar pero temos moitos días por diante!.

Pero entre tanta actividade programada, tamén hai quen atopa tempo para deixar aflorar a súa creatividade escribindo ou debuxando. Pero cantos talentos ocultos hai por descubrir!

Na cea tamén tivemos ocasión de coñecer un peculiar equipo de gravación que irrompeu no comedor facendo e respondendo preguntas que estaba conectadas co xogo que fixemos á noite.