Quenda 3. Día 4. Chuvia no ceo, sol no corazón

Quenda 3. Día 4. Chuvia no ceo, sol no corazón

Pois hoxe chegou a chuvia e recreouse bastante no seu paso polo campamento, pero aquí estamos listos ante estas pequenos contratempos e non nos deixamos afectar. Aquí, faga chuvia ou faga sol, non faltan os sorrisos e actividades alternativas para que o ánimo esté sempre arriba!

A mañá foi do máis tranquila con actividades de circo e xogos cooperativos e mesmo algún grupo tivo ocasión de facer uso das piscina na que nos faltaron as máis valentes e anfibias das nosas crianzas. Outras cambiaron a toalla e o bañador por xogos de mesa que son do máis populares.

E a tarde foi dedica a comunicación, con talleres de iniciación á fascinante lingua de signos e tamén outros que nos deron a oportunidade de crear o noso xornal, radio e televisión do campamento. Aquí hai moito xornalista en potencia!.

E de velada, un particular xogo por equipos para superar as 12 proba do Cesar coas que retou a Asterix e Obelix e na que puidemos coñecer en persoa a varios dos seus personaxes máis entrañables.

1 Comment

  1. Isa

    Aínda que o tempo non acompañe, seguro que o están a pasar xenial!!

Comments are closed