
Está facendo unha pouca calor de máis e se está a volver molesta por momentos. Pero tranquilidade, temos armas para combater a calor e estamos moi dispostas a usalas!.


Ademais da piscina e deportes acuáticos, para comezar a tarde, que é cando a calor aperta máis, tivemos un gran xogo composto por moitas divertidas e refrescantes probas onde a auga foi o elemento protagonista!



Esta quenda, canto está a gustar o circo! Moitos malabares e moito máis diábolo! Parece que xa se está a cociñar un gran espectáculo nestas disciplinas artríticas para a actuación final.




Pero e algo rivaliza en paixón co circo entre as crianzas e sen dúbida a escalada, que sempre levanta paixóns e un orgullo axudar a estas personiñas a vencer os seus medos e gabear polas paredes do rocódromo.




E por suposto moi bo rollito na campa, onde as amigas e amigos xa se senten que serán para toda a vida! E que ordear a tenda mentras che toca o quenda ducha da para moita charla!




E a noite, unha velada de ambientación apocalíptica, con desafíos e papeis especiais para algún dos nosos acampados.

Hoxe houbo moitas fotos e vídeos, pero non vos acostumedes, que temos moitos frontes que atender!. Ata mañá.
Muchas gracias!!! Qué chulas las fotos y los vídeos!! Pasadlo muy bien!!!!😘
Pois moitas gracias por estes tantos videos e fotos!! Agradecemos un montón ver qué actividades descobren e o ben que o pasan os nosos nen@s!
Grazas , fainos moita ilusión.
Os pais poderemos ver a actuación final??
A disfrutar a tope!!
Boas! Pois a verdade e que temos algunhas persoas aquí moi tímidas e coustalles sair ao escenario, pero aquí en familia aceptan o reto, pero actuar ante descoñecidos, as familias dous outros rapaces e rapazas, pois xa é outro cantar, así que imos deixar este espectáculo como parte do campamento e como único público seus habitantes. Grazas polo interese, pero desta vez non vai poder ser 🙂
Que divertido semella todo! Seguide pasandoo tan ben!!
Paréceme estupendo que o fagades na familia do campamento .
Muchísimas gracias por todo, estáis haciendo un trabajo maravilloso. Yo personalmente tengo mucho que agradeceros por vuestra implicación. Sois un 10