Quenda 3. Día 4. Máis alá do Bosque Máxico

Hoxe foi un día moi especial para as nosas acampadas. Por primeira vez dende a súa chegada traspasamos os límites do noso Bosque Máxico para explorar a poboación que se agocha máis alá. Así, cedo na mañá colocamos os nosos chalecos reflectantes e fixemos unha ruta até Boiro.

Unha vez alí, tivemos unha ximcana do máis variopinta, que nos convidaba a descubrir cada un dos recunchos que o pobo ten para ofrecer. Pero o mellor era que este desafío remataba… na praia! Así que conseguidos tódolos retos, puidemos celebrar cun refrescante baño no mar.

Por se isto fose pouco, despois do xantar puidemos relaxarnos coas nosas compañeiras mentres degustabamos un delicioso xeado ou lambetada da nosa escolla.

Pola tarde vivimos un momento que nos levaba ilusionando dende había días: a estrea dos nosos contos! Cos piñeiros como anfiteatro e o mar como fondo, representamos para as nosas compañeiras as versións teatralizadas dos contos que con tanto mimo prepararamos. Foi tan emocionante!

Logo das actuacións, voltamos para o campa coas mochilas cargadas de anécdotas e ilusión, e tamén cun pouquiño de calor, pois aínda que sempre buscamos a sombra o sol non deu tregua ao noso benquerido Boiro.

Cos meixelas colocada polo día de praia e de estreas, despedimos o día.

1 Comment

  1. Patricia

    Que divertido coñecer Boiro facendo unha ximcana!!!

Comments are closed