Quenda 3. Día 4. O calor non nos tumba.

Primeiro día completo de rotacións para os nenos e nenas do Campamento Xuvenil Pontemaril, realizando supervivencia, xogos predeportivos, pirauga, sendeirismo, kaiak polo, escalada-tirolina ou bicicleta.

Ademáis, debido ao calor que estamos a ter estes días, quitamos unha horiña pola mañan e outra pola tarde para refrescarnos na piscina!!.

Xa pola noite tivemos unhas invitadas especiais coas que cantamos e bailamos todo o que o corpo nos deu, e despois, antes de ir a durmir e dar o día por rematado, tivo lugar a asamblea onde día a día saen temas mais interesantes en favor do correcto funcionamento do campamento.