O mal tempo non nos permitiu marchar de excursión á Ponte do Crego como tiñamos planeado, mais iso non foi un impedimento para pasalo ben e aproveitar o tempo.
Protexidos da choiva na nosa Carpa Laranxa, fixemos unha serie de actividades e entretidas dinámicas para coñecernos mellor entre nós, coñecer mellor o mundo que nos rodea, e fortalecer os lazos que nos unen ás unhas coas outras.
Día tranquilo para coller forzas de cara á segunda metade de esta estupenda experiencia 🙂