Quenda 3. Día 6. A explorar!

Quenda 3. Día 6. A explorar!

Esta xornada converteuse nunha fantástica e máxica exploración da contorna onde descubrimos as pozas de Covas, seus antigos muíños e súa marabillosa biodiversidade, que por algo estamos inmersos no Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés, un dos máis extensos do noso país.

Ademais de darnos un baño nas augas do Río Agra, que foi moi pero que moi refrescante (por si que están frías esas augas!) tamén tivemos ocasión de entreternos con algún dos nosos xogos de mesa máis populares, facendo trenzas e pulseiras e/ou conversar. Ah!, e xantar, que mellor sitio ca ese?

Por suposto tamén explorando seus recunchos e a microfauna fluvial. Foi todo un asombrosos descubrimento observar e identificar toda a sorte de bechiños que poboan as cristalinas augas deste río, que son proba do seu bo estado de conservación.

Foi un día redondo onde todas e todas disfrutamos moito, pero moito moito!. E como pedíchedes fotos, hoxe vai ración dobre.

5 Comments

  1. Mar

    ¡Me encantan las fotos!. Que poquito queda ya. Disfrutar mucho y seguir mandando fotos tan chulas

  2. Isa

    👏🏻👏🏻Menuda excursión!!
    Moi chulas as fotos!

  3. Maite

    Gracias por compartir tantas fotos con nós, que ben o están pasando!

  4. Pilar Alonso

    Muchas gracias por las fotos! ☺️👏👏👏

  5. Lupe

    Fantásticas as actividades e fantásticas as fotos!!! Quen fora nena de novo!!

Comments are closed