Quenda 3. Día 5. Ecuador

As veces temos a sensación de estar o Ecuador, pola calor tropical que estamos a experimentar por momentos, pero o verdadeiro ecuador que acadamos e o temporal. Xa estamos na metade do campamento do campamento … e parece que foi onte que chegamos! Os días xa comezan a pasar moi rápido.

O protonismo de hoxe estivo como sempre na piscina, aínda que hoxe tamén tivo que compartilo cunha intensidade semellante coa escalada.

Nesta ocasión os esforzos en escalada viñan co premio dunha viaxe aérea grazas a tirolesa. Que gustazo!

A lista pantasma é tamén unha das emocións que traia o día. Nesta ocasión chegou na forma dunha pizza que a xulgar pola cara da David e Nacho, os gañadores de hoxe, foi moi satisfactoria.

Como! Que non sabedes o que é a lista pantasma? Ah! pois de seguro que será un bo tema de conservación para o día de chamadas do próximo xoves.

1 Comment

  1. Vicky

    Qué bien lo pasáis!!!! a seguir disfrutando q aún os quedan muchos momentos!!! Gracias por los vídeos y fotos, que para los q estamos al otro lado, es como tener una ventanita para verlos disfrutar!!!

Comments are closed