Quenda 3. Día 5. Excursión e Feira Franca

Día especial e sobre todo diferente para os nenos e nenas do campamento de Pontemaril. Pola mañan fomos de excursión á Ponte do Crego, tempo e percorrido que aprobeitamos para coñecer tanto a contorna que rodea ao campamento como a flora e a fauna presente na zona.

Unha vez alí, e despois de pegarnos un chapuzón e comer todos e todas xuntas de picnic, fixemos a quiniela tola onde o pasamos en grande realizando unha serie de probas!

Ao volver, e debido ao calor que facía, fixemos uso da piscina para refrescarnos e ter un pouco de tempo libre conxunto antes do gran xogo, a Feira Franca, onde unha serie de persoaxes mitolóxicas loitaron polo dominio das terras de Forcarei.