Quenda 3. Día 5. Vida na natureza

Mellora o tempo, pero aínda refresca moito para as actividades acuáticas. Non pasa nada, pois pasamos un día estupendo realizando actividades de Conservación da natureza e Supervivencia. Aprendemos a montar un vivac, e paseamos polas inmediacións da instalación recoñecendo a estupenda paisaxe da Terra de Montes e do río Lérez.

Ademais, ao ser o Día de Galicia, celebrámolo cunha impresionante velada de Noite Meiga, na que formamos parte da milenaria loita entre as tribos da Gallaecia…