Quenda 3. Día 5. Somos artistas

Voltamos á normalidade no Bosque Máxico… Máis nunca á rutina, pois cada día é diferente! Hoxe entrenamos as nosas habilidades escénicas e plásticas. É fascinante aprender como con materiais sinxelos que atopamos na natureza podemos facer verdadeiras obras de arte. Tamén estamos a descubrir que somos máis habilidosas e áxiles do que pensabamos. Estamos feitas unhas estrelas!

Outras de nós ampliamos as nosas dotes interpretativas e musicais: se algo teñen en común o clown e a percusión, é a importancia do ritmo en ambas.

Na merenda, recibimos un día máis a visita de Flora e Fauna, que viñeron cos seus sobres a enredarnos… E regarnos!! Pero que ben sentou o remollón!