Quenda 3. Día 6. Coñecendo a contorna

Hoxe foi un día moi diferente aos anteriores e razón foi que pasamos case todo o día fora da instalación, facendo unha pequena ruta para chegar ata a vila de Entrimo para coñecer todos os seus recunchos de interese e as súas xentes. E para chegar a vila fixemos unha pequena ruta polo medio do monte.

Estivemos percorrendo as rúas, museos, a súa famosa igrexa barroca e tamén o centro de recepción de visitantes da Reserva Internacional da Biosfera do Xurés-Gêres.

A camiñada aínda que breve restou forzas aos xa esgotados e esgotadas campistas, así que entre os talleres de xogos de mesa, pulseiras, colouse este improvisado de sesta.

Pero un dos momentos preferidos foi o estar ao seu, tomando un xeado (ou refresco) de terraceo mentres falaban das súas cousas.

Pero entre charla e taller tamén houbo tempo para contaxiar a alegría animando o ambiente da aldea cos nosos bailes.

Despois do relax tocou de novo volver á instalación, e … costa arriba! Ai, ai, ai … iso xa custou un chisquiño máis, pero chegamos todes para merendar e darnos unha merecida ducha.

E de velada, unha relaxada e calmada, que nos serviu ademais para redescubrir os nosos sentidos e emocións.

1 Comment

  1. Marta

    O ano que vén apúntome eu. Seguide disfrutando.

Comments are closed