Quenda 3. Día 6. Unha deliciosa sorpresa

Quenda 3. Día 6. Unha deliciosa sorpresa

Esta mañá vivimos momentos especialmente deliciosos pois tivemos… Taller de smoothies! Coas froitas que nós mesmas escollemos e a axuda das nosas monis e os expertos convidados, puidemos preparar deliciosos e saudables batidos que logo degustamos todas xuntas!

Pola tarde, as actividades continuaron, cada vez máis preto das actuacións finais. Comezamos a ser conscientes de que a fin do campa se achega, mais antes diso, aínda nos queda moito por facer nesta Bosque Máxico que chamamos fogar.

Despedimos o día na liña que o comezamos, explorando un a un os nosos sentidos. escoitamos a canción do campa, ulimos e degustamos diversos elementos que nos transportaban a lugares moi diferentes, e rematamos… Vendo todas xuntas as estrelas, sinalando aquela que gardará para sempre as memorias detes dez días, e que poderemos ver alá onde esteamos e volvernos a sentir, por un intre, de volta no campa.

2 Comments

  1. Tania

    Moitas gracias por facernos partícipes na distancia! Non sei con cal día me quedaría porque teñen pintaza todos!🥰🥰

  2. Roberto

    Que ben o están a pasar!!! E menudo tempo máis bo que tedes por ahí ☀️ A seguir gozando!!! 🤹🧚‍♂️🧝‍♂️

Comments are closed