Quenda 3. Día 7. Música para comezar e rematar o día.

Cada día, despois do almorzo, e antes de ir as actividade, temos un despreguizamento musical e para que se entenda mellor, aquí vos deixamos unha mostra:

Despois da ruta de onte quixemos ter un día tranquiliño que comezou suave con expresión corporal para continuar con escalada e o sempre celebrado descenso en tirolesa.

A piscina, un dos nosos clásicos momentos máis destacados de cada día, como poderedes deducir.

Tamén tivemos deportes acuáticos e os ensaios onde xa se ve moi adiantado o que será a función final, onde o circo terá un papel importante.

Pero non todo o traballo está no escenario, senón que tamén hai todo un equipo de decoración e atrezzo que traballa duro para darlle un toque de ambientación moi currada.

A separación das familia sempre adoita ser un esforzo moi grande para algunha das persoiñas que nos acompañan, pero con moito mimo e traballo de acompañamento podemos sentirnos orgullosos de que moitos dos que estiveron tentados de marcharse lle deran ao campamento unha oportunidade e finalmente descubriran que este é un lugar marabilloso que non queren xa abandoar.

E nos tempos libres están cheos de propostas, pero unha das que máis fieis ten son os xogos de mesa que concentran moita diversión e risas.

Pero o final do día foi espectacular cun Far fan, unha velada de moito contido musical que contou cunha participación entusiasta da maioría dos e das campistas.

E para rematar, como cada día, o momento da asemblea para falar de como vimos o día e facer propostas.

1 Comment

  1. Lidia

    Sodes xeniais!!
    Desexando que conten todo o domingo!!
    Grazas polos vídeos e fotos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará