Pois un novo día tróuxonos o sol, tan esquivo nos días previos, e volveu quentar aínda que sen pasarse, xusto como nos gusta a nós porque é o mellor compañeiro para o noso paso pola piscina, un dos recunchos máis populares do campamento, por que será?! Así que hoxe imos adicarlle a ela o noso reportaxe fotográfico.



Tamén tivemos actividades de expresión corporal, teatro e os estupendos deporte de aventura, con orientación e tiro con arco e sobre todo un bo tempo a deseñar e preparar a actuación do último día.


Xa pola noite contamos cunha velada moi máxica , a media luz, que por suposto ofreceunos unha oportunidades máis para facer un reflexión final sobre valores.

