Non queda nada para que teñamos que abandonar o noso Bosque Máxico, mais todavía nos queda vivir un dos momentos máis importantes: a actuación final! Hoxe comezamos a preparala coa axuda de dúas guías moi especiais: Sol e Lúa, e mais o resto de criaturas do bosque.
Puidemos escoller a disciplina que máis nos gustase de entre tódalas que probamos nos días pasados: circo, acrosport, teatro, maxia… E xunto ás nosas compañeiras preparar un número que deixase a todas abraiadas.


Despois de tanto ensaiar, pola tarde puidemos relaxarnos no Balneario Augas Negras, un circuito con diferentes “guarritratamentos” no que nos fartamos a rir. Como nos gusta ensuciarnos!!


E como peche deste fantástico spa, unha festa da escuma con polvos de cores e as nosas cancións favoritas a soar.


Danos moita mágoa pensar en marchar, mais memorias como as do día de hoxe hanse ir con nós alá onde vaiamos.