Quenda 3. Día 8. Natureza refrescante

O comezo do día, sempre ao ritmo máis pegadízo dos actívates para que desentumecer os músculos e despegar as lagañas.

Logo experimentamos un pouco de aventura cunha actividade de orientación e tiro con arco.

Tamén tivemos práctica de acrosport, que causou verdadeiro furor entre grandes e pequenos.

Pero si algo temos que destacar hoxe foi a nosa excursión vespertina ata as pozas de Covas, no río Agra, un verdadeiro oasis verde que nos deu a oportunidade de conectar dun xeito moi refrescante coa natureza.

Tamén as e os peques tiveron ocasión de quedar fascinados coa biodiversidade do río examinando e descubrindo entre as pedras e vexetación unha abraiante variedade de insectos e anfibios.

E para rematar algunhas fotos de grupetes de actividades nas que pode notarse a complicidade e amizade que se destila por aquí tras tantos días de harmoniosa convivencia.

3 Comments

  1. Pablo

    Aprovechad que se acabaaaaa!!!!!!!!

  2. Bea Gándara

    Que ben o facedes equipo!!!, a rapazada non vai querer voltar á casa!!!!

  3. María

    Graciñas equipazo !!!!! Merecedes un 10 polo traballo feito.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará