Quenda 3. Día 8. O tempo voa!

Quenda 3. Día 8. O tempo voa!

E parece que foi onte cando chegaron estas cativas e cativos, cheos de ledicia e ilusión, e xa case é estamos ás portas de marchar! Daquela, hai que sacarlle todo o zume aos días que nos quedan e gozar dos lazos de amizade creados.

E así estivemos no día de hoxe, cunha mañá repleta de actividades de aventura en perfecta combinación cos ensaios para o espectáculo do día seguinte, que polo de agora son moi prometedores e confiamos en que teremos unha representación final grandiosa que quedará nos nosos recordos por moito tempo.

Pola tarde tivemos a visita de Velu e Tina, a parella de avespas que nos tentan coa súa peculiar poxa de sobre repletas de sorpresas coa forma de fabulosos premios ou probas disparatadas.

E como cada día, pola mañá e pola tarde, a piscina tivo seu momento de reinado.

Tempo tamén para por en orde as tendas, que xa lle cumpría a algunhas! que tamén nos deu a oportunidade de decoralas para que quedaran ben xeitosas con fantásticos resultados.

E na noite non faltou a velada, cun xogo de detectives coa súa reflexión, e despois o máxico e especial momento da asemblea onde as rapazas e rapaces aprenden e expresar as súas opinións, debater e chegar a acordos.