Última maña na que os nenos e nenas do campamento xuvenil de Pontemaril puideron desfrutar das actividades de rotación, xa que, pola tarde agardábanos e gran campionato Pontemaril, que, desta volta e debido ao calor, tivo unha temática acuática, realizando diferentes xogos e probas na que se poñían a proba as habilidades da rapazada mentres pasábamos un ratiño divertido. Eso sí, ninguén se librou dunha boa molladura!.
Xa pola noite tivo lugar a velada ambientada en Xogo de Tronos, onde tivemos que escapar dunhas persoaxes de cor branco que tentaban capturarnos durante o transcurso da actividade mentres conseguíamos unha cura necesaria para salvar á raíña.





