Quenda 3. Día 9. A intensidade dos últimos momentos

Quenda 3. Día 9. A intensidade dos últimos momentos

Chagamos a última xornada de campamento e quixemos sacarlle moito proveito cunha chea de actividades e momentos especiais. O primeiro foi a ansiada experiencia na tirolesa, precedida pola inevitable escalada ata o cume do rocódromo.

Unha pausa para o petisco de media mañá para repor forzas para todo o que queda por diante. Como sempre perfectamente separados por grupos burbulla

Un taller para tintar a camiseta deixará una lembranza inesquecible do noso paso por esta experiencia tan máxica en Entrimo.

Como queremos deixar unha boa pegada no noso recordo das nosas vivencias no campamento construímos o noso propio atrapasoños para que reteña toda as aventuras e emocións experimentadas.

E para a fin da tarde antes de limparnos nas duchas, pois … imos emporcallarnos un pouco que a auga xa se levará toda a suciedade pero non as risas que botamos.

E a actuación final, chea de moita comedia que nos fixo escachar coa risa e descubrimos tamén uns cantos talentos na arte da interpretación. Foi realmente un momento moi divertido no que compartir a creatividade e traballo en equipo. Sodes xeniais!

E por suposto unha festa final en condicións con moitos postos con propostas diferentes (xogos de mesa, caricaturas, tatuaxes temporais, pitonisa, etc.) con algo de música e baile para dar un gran punto final a unha gran xornada.

Ben, o final so chega coa asemblea, na que avaliamos o día, e neste caso tamén o campamento, onde foi posible ver o impacto que tivo esta experiencia na rapazada. Grazas por tanto afecto e tantas palabras bonitas!

6 Comments

  1. Isa

    Qué bonita experiencia e qué bonitas fotos! Moitas gracias!!
    👏🏻👏🏻

  2. Lupe

    Xenial!!! Non van deixar de falar en días!!! Seguro que voltan maravillados!!!

  3. Cristina

    Nai se lo pado pipaaa!! Si jaja soy Naiara jeje👏❤️chao

  4. Pilar

    Muchísimas gracias!!!!
    Erin os envía un fuerte abrazo.
    El campamento de su vida 🎉🎉🎉🥰

  5. Campamento Penedos de Xacinto - Entrimo

    Moitas grazas! Unha aperta para Erin!

  6. Campamento Penedos de Xacinto - Entrimo

    Canto nos aleda sabelo! Grazas!

Comments are closed