Neste último día de actividade normal, volvimos a subir, xa por derradeira ocasión, ao rocódromo e á tirolina, e practicamos tiro con arco.
A esta actividade uniuse tamén a Directora Xeral de Xuventude, que veu por Forcarei a facernos unha visita e coñecer ás rapazas e rapaces.
Pola tarde, por mor do mal tempo, non fumos á piscina. Na contra, fixemos un Campionato Pontemaril ambientado divertidísimo.
