Quenda 3. Día 2. Collendo ritmo!

Quenda 3. Día 2. Collendo ritmo!

Hoxe na eNTV sintonizamos pola mañá un programa deportivo que nos fixo vivir en vivo a experiencia da escalada no estupendo rocódromo que temos nas instalacións. Como subían! Mesmo parecían esquíos do áxiles que se vían estas nenas e nenos.

Pero a programación foi moi variada e estivemos zapeando entre “sketchs” cómicos entre a as actividades de formación e os xogos de dramatización, pero tamén tivemos algo de circo e expresión corporal entre o noso particular menú de actividades.

Xa na tarde tivemos un entretido obradoiro de expresión artística cun necesario transfondo de reflexión ambiental que foi do máis relaxante.

Por suposto non esquécemos de pasar pola piscina, que iso si que é relaxante para o corpo e non hai mellor xeito de combater o calor que apreta pero polo de agora sen pasarse.

En fin, aquí aínda é día 2 de campamento pero xa se vai creando a maxia e a sensación de estar entre amigos e case que en familia.