
Vaia sol nos agardaba en Forcarei cando chegamos esta mañá!
O campamento deunos unha boa benvida, cun tempo espectacular, que agardamos que aguante toda a quenda. Despois de coñecernos un pouquiño entre nós e ter ben claras as normas de convivencia e de seguridade e hixiene, non podíamos agardar a darnos un fantástico chapuzón na piscina!

Esta aventura non fixo máis que comezar! 😀