Quenda 4. Día 1. Preparando o despegue

Quenda 4. Día 1. Preparando o despegue

Esta quenda vía estar adicada ás viaxes e convertemos ao campamento nunha instalación aeroportuaria dende a que voaremos diariamente a un exótico e fabuloso destino cheo de sorpresas e aventuras diversas. Por suposto, no día de hoxe cada participante fixo o “check in” ao chegar, facturou a súa equipaxe e pasou os controis sanitarios para entrar na terminal e coñecer ao resto da pasaxe e tripulantes.

Como algúns dos nosos destinos poderían ser lugares paradisíacos de brancas e soleadas praias, fixemos unha proba de natación para poder asegurarnos de que todos os membros da expedición están preparados para gozar destes paraísos oceánicos.

Foi un día para coñecer a instalación, as rutinas, os horarios e as compañeiras e compañeiros de aventuras para estes días, con moitos xogos para ir trabando amizades ou reforzando as que xa traíamos.

O resto da tarde adicámola a reforzar o sentido de identidade de grupo, construíndoa en función da personalidade das súas integrantes, e preparándoa para a velada da noite, na que medirán habilidades e enxeño.

E xa na noite na primeira velada a nosas azafatas propuxéronnos atopar os nosos documentos de viaxe (visados, tarxetas de embarque, etiquetas de equipaxe, etc.) agochados por toda a instalación e logo desafiar as outras tribos viaxeiras para conseguir o que nos falte. Unha noite moi movida e entretida.

2 Comments

  1. Marité

    Da gusto velos gozar!!

Comments are closed