Xa sairon pola súa correspondente porta de embarque todas as viaxeiras e viaxeiros desta grandísima experiencia. Ultimas horas de palabras fermosas intercambiadas nuns papeliños e camisetas que gardarán por sempre a lembranza destes días de intensa vida en común.
Bagoas e sorrisos se entremezclaban hoxe no momento de reencontrarse coa familia e despedirse das amizades que naceron e floreceron neste campamento. Botarémosvos moito de menos, fúchedes todas a todas estupendas e querémosvos moito! Non o esquenzades!
Fai xa catro días que remataron o campa e ainda están a contar anécdotas destes días inolvidables que pasaron con Aventeira en Entrimo. Grazas pola vosa labor, e por construir recordos inolvidables nos nosos pequenos.