Quenda 4. Día 3. Superpoderes!

Hoxe nos conta o día Leire, das Garrapatas Galácticas. Vexamos que aventuras viviron as rapazas e rapaces de Forcarei!

Hoxe levanteime coa música que poñen polas mañás. A miña compañeira de tenda e mais eu cremos que é unha música moi rara, pero tamén divertida.

Despois, unha das monitoras abriu a nosa tenda para despertarnos e dicirnos que nos preparásemos. Máis tarde chegou o despertador do noso grupo e dixo “Ola” e se foi sin más.

Cando estivemos listas fumos ao Actíva-T co resto do grupo (un rollazo que flipas) e pareciamos zombis.

Na hora do rocódromo fixemos guerras de botellas de auga mentres os outros subían. Despois de comer fixemos as actividades de Marvel, e unha delas era crear un baile. Aínda que íamos a destempo, conseguimos a nosa xema.

Tamén estivemos recollendo a tenda porque pensabamos que Sultán ía tirarnos os colchóns para fóra, pero non apareceu. Despois da velada, cando estabamos esperando nos baños, o noso amigo Dani deulle unha aperta á rocha grande porque “tiña frío”, pero non creo que iso o calentase moito.