Quenda 4. Día 4. Camiño dun reino moi moi lonxano

Quenda 4. Día 4. Camiño dun reino moi moi lonxano

Amanecemos coa visita de Asno e o Gato con Botas, personaxes da cinematográfica historia de Shrek, que se perderon na súa viaxe dun reino moi moi lonxano e solicitaron a axuda dos nenos e nenas para atopalo.

A mañá foi bastante típica, con actividades de teatro e deportes cooperativos, pero xa a partir do xantar fomos coñecendo outras personaxes dos contos e subímonos a un avión moi especial, recreado con todo detalle, para acompañar ao Asno e ao Gato ata seu destino.

Pero non toda a viaxe foi en avión senón que tamén tivemos que facer unha pequena camiñada ata unha ciénaga parecida á de Sherk, pero moito máis limpa, así que aproveitamos para darnos un baño.

Xa a volta por fin chegamos ata o reino moi moi lonxano onde a noite tivemos que facer de detectives para investigar quen trouxera unha caixa coa cousa máis marabillosa do mundo. E como logramos por bo fin a tarefa tivemos ocasión de botarlle unha ollada ao seu contido, algo que deixou unha fonda impresión en moitas das nosas pequenas e pequenos.