Hoxe cóntanos o día Carla, das Barriobajeras. Vexamos que aventuras viviron as rapazas e rapaces de Forcarei!
Hoxe levanteime pola mañá como calquera outro día, coa miña compañeira Alicia. Vestímonos moi rápido e fomos almorzar. Limpámonos ben os dentes e fomos á nosa primeira actividade do día, supervivencia, co grupo A. Fixemos un ovo chamado Yasuri, que, a partir de agora será un máis do grupo.

Xantamos e volvemos lavar os dentes e despois tivemos tempo libre. Por fin déronnos os móbiles, ao rematar o tempo libre tivemos o momento tótem. Máis tarde fomos ao río a facer piragüismo, Pedro enganchouse cunhas ramas e púxose a berrar dunha maneira moi rara e graciosa. Fíxose tarde e voltamos ao campa, duchámonos e fomos cear.

Ceamos crema de cabazas, e, de segundo, paninis, encantoume a cara de Alison cando sacaron os paninis, a verdade é que estaban boísimos.