Quenda 4. Día 5. A ruta extrema do inferno!

Hoxe cóntanos o día Guille, do grupo Armadillos Anónimos. Vexamos que aventuras viviron as rapazas e rapaces de Forcarei!

Hoxe despertamos igual de temprano que o resto de días, pero o despertar foi diferente porque o meu compañeiro de tenda e o resto de rapazas e rapaces que teñen a función de despertadores viñeron a levantarnos vestidos de animais. Despois fumos almorzar e a limparnos ben os dentes, e a preparar a mochila para a “Ruta extrema do inferno” e a facer o Actíva-T.

Comezamos a excursión por bosques con silvas e pedras, por estrada, prados, etc. Ao cabo dun tempo paramos a merendar unha pera, aínda así tiñamos moita fame e comezamos a cheirar cada pouco o bocata da hora da comida e facíasenos a boca auga. Unha hora e media despois paramos a comer, estaba riquísimo.

Despois tivemos a hora do tótem pero como o perdemos polo camiño tivemos que facer a proba de ir á fochanca. Na fochanca, metímonos todas e todos os do noso grupo, bueno casi todas e todos, pero aínda así, eu creo que de momento hoxe foi o mellor día de todos.