Quenda 4. Día 5. Viaxe interior

Quenda 4. Día 5. Viaxe interior

Comezamos a mañá cunha actividade relaxada para coñecernos un pouco máis e sobre todo para aprender a expresar as nosas emocións e necesidades e tamén entender as dos demais, exercitando empatía e asertividade a través de diferentes talleres.

Máis adiante tivemos tamén actividades de circo, expresión corporal e deportes de aventura, que foron moi celebradas polos pequenos habitantes do campamento.

E claro, cun agosto tan caloroso como o que estamos tendo, a piscina segue sendo un poderoso aliado que no axuda coa calor e á vez é o escenario perfecto para a diversión e os deportes náuticos como os que formaron parte da programación desta xornada.

2 Comments

  1. Pilar

    Me gusta ver las fotos, en ellas veo lo bien que lo están pasando ☺️☺️☺️😍❤️

  2. Marité

    Grazas polo blog, estamos todos os días esperando ansiosos para ver o que fixeron. E para buscar a Wally nas fotos 😉
    Encántame que trababallen as emocions!!

Comments are closed