Quenda 4. Día 6. Viaxe ás terras virxes

Quenda 4. Día 6. Viaxe ás terras virxes

Hoxe tivemos un día monotématico capitalizado por unha fantástica excursión ata as pozas do Río Agra, a uns poucos quilómetros da nosa instalación estival. Todo un paraíso natural e porta de entrada á Reserva da Biosfera Internacional Xurés – Gerês onde puidemos descubrir e gozar da súa enorme riqueza de fauna e flora.

Polo camiño tamén puidemos comprobar o impacto dos incendios forestais e comprender mellor o importante que é loitar contra esta lacra ambiental.

Fixemos unha comida campestre e ata parecía que o contacto coa natureza fíxonos que todo nos soubera mellor e nos prestase máis porque as nosas pequenas e pequenos devoraron o xantar de aínda de mellor gaña que cando estamos no comedor

e por suposto tamén houbo tempo para bañarse e activar a circulación nas súas frías pero marabillosas augas. Todo un deleite para os sentidos que converteuse nun refrescante baño de natureza.

Unha das actividades máis fascinantes foi a descubrir a enorme biodiversidade que albergan os ríos. Coñecer seus máis minúsculos, e os que non o son tanto, foi todo o sorprendente descubrimento para a rapazada.

E así, no río e no campamento aprendemos a cultivar o amor pola natureza e ir perdéndolle o medo aos bechiños e animaliños que son os nosos veciños nestes días de marabillosa convivencia. Por suposto, despois de marabillarnos observándoos un ratiño, todos estes pequenos seres foron devoltos ao seu medio.