Quenda 4. Día 7. Máis aló do ecuador

Quenda 4. Día 7. Máis aló do ecuador

E xa superamos amplamente a metade da quenda e hoxe, un campamento adicado ao teatro, non puidemos deixar pasar esta efeméride e adicamos un chisco do noso apurado tempo a recordar a figura do poeta e dramaturgo Federico García Lorca, no aniversario do seu asasinato. Ao longo do día pasamos por Granada, Madrid, Santiago de Compostela ou Nova York, cidades polas que transitou e deixaron pegada na súa obra e puidemos coñecer algúns fragmentos do seu legado artístico.

O día tivo, como case sempre, de todo. Piscina, actividades de aventura, expresión corporal e tamén seguimos cos ensaios para o espectáculo do último día. Aquí vos deixámosvos un amplo reportaxe fotográfico de tiro con arco.

As veces tamén hai que baixar o ritmo entre tantas actividades, sobre todo cando pega o calor, e as veces ese tempo libre autoxestionado nos da algúns dos momentos máis especiais do noso campamento, cheos de charlas, lecturas, bromas ou pintándonos a uñas. Que momentos de paz tan preciosos!