Hoxe cóntanos o día Iago, do grupo Firulais Firuleros. Vexamos que aventuras viviron as rapazas e rapaces de Forcarei!
Hoxe despertei coa música das tendas de arriba, prepareime, e cando chegou a nosa música saín como un raio a bailar. A actividade da mañá foi senderismo, pero a parte de andar tamen tivemos tempo para rodar como alpacas e buscar rás e tritóns pola beira do río. A Artai atacoulle unha araña xigante e tivo que metela nunha botella para apartala, aparte diso, Nico, meu irmán e Mariña, meteron un pé no barro e mancharónse moitisimo.


Pola tarde fixemos no tempo libre un torneo de brilé.